
O Implícate! Noite de música e palabra solidaria cumpre 10 anos no 2015, e para celebralo, Implicadas no Desenvolvemento promoveu un CD no que colaboran diversas músicas e músicos que participaron ao longo destes anos no festival: Mercedes Peón, Xabier Díaz, Uxía, Iria Piñeiro, Leilía, Carmen Rey, Xoan Curiel…
O CD leva como título REACTIV_ARTE e inclúe temas musicados de poemas de escritoras támiles, etíopes e galegas das obras ‘Vanakkam-Benvidas’ (2007) e ‘As que rubimos montañas’ (2012), editadas tamén por Implicadas. Ambos libros son proxectos de colaboración e sensibilización que buscan poñer en cuestión a nosa representación das outras e darlles espazo para que falen dende a poesía. O CD REACTIV_ARTE é unha vía de difusión maior desas voces. O seu obxectivo é, a través da música, ofrecer un espazo a mulleres do Sur a falar con voz propia.
O disco está dispoñible á venda no local de Implicadas en Vigo (rúa Barcelona, 86), na tenda online da ONG e na rede de establecementos que colaboran coa organización.
Máis información, no teléfono 886 111 911 ou no correo electrónico info@implicadas.com
>> A décima edición do festival Implícate! celebrarase o 11 de xaneiro de 2015 no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Xa se poden mercar as entradas na taquilla online de Abanca.
>> A ‘Axenda do Desenvolvemento 2015’, elaborada por Implicadas, inclúe contidos das 10 edicións do festival Implícate! Pódese mercar na tenda online de Implicadas.
0