
Despois da última planificación estratéxica, que cubriu o período ata 2014, é hora de volver reformular entre todas quen somos, de onde vimos e onde queremos chegar. O 21 de xuño comezou este proceso en Santiago, e continuará nos vindeiros meses.
Ao longo da xornada fíxose unha análise da organización dende a perspectiva actual, tendo en conta os anos de historia que leva en activo. Por medio da realización de varias actividades en grupo, redefinimos os principios da organización e avaliamos os obxectivos que se marcaran na última Planificación Estratéxica.
Mantivemos debates e aportamos ideas, propostas, observacións e suxerencias de cara ao futuro, elementos que retomaremos en vindeiras xornadas para rematar de definir o que queremos e o que imos loitar por conseguir no futuro.
A Planificación Estratéxica é un proceso no que pode e debe participar toda a organización, dende a directiva ata as/os socias/os, pasando polo voluntariado.
0