
-Data: Domingo, 11 de xaneiro de 2014. Ás 20.30 horas
-Lugar: Teatro Principal de Santiago de Compostela (Rúa Nova, 22)
-Presenta: A poeta Yolanda Castaño e a actriz Isabel Blanco
-Organiza: Implicadas no Desenvolvemento
–Venda anticipada de entradas
Un ano máis, o Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá a cita anual de Implicadas coa cultura e a solidariedade. Artistas do mundo da música, danza, teatro e literatura daranse cita o domingo 11 de xaneiro, ás oito e media da tarde, para participar na X edición do ‘Implícate! Noite de música e palabra solidaria’, organizado por Implicadas no Desenvolvemento e presentado por Yolanda Castaño e Isabel Blanco.
Obxectivos do festival
O obxectivo do ‘Implícate! Noite de música e palabra solidaria’, no que as/os artistas colaboran de xeito desinteresado, é facer un chamamento á solidariedade das galegas e galegos. O propósito principal deste evento é dar a coñecer o traballo desta organización de cooperación ao desenvolvemento, invitar ao público a ver o mundo con outros ollos, a reflexionar, e a cambiar o mundo, dende Galicia, dende a conciencia crítica e a acción clara. Igualmente, os cartos recadados con esta iniciativa destínanse integramente a financiar os programas de cooperación que Implicadas desenvolve na India.
Ao longo da noite do Implícate!, o público pode gozar das actuacións das artistas galegas e coñecer a filosofía de traballo de Implicadas, o tipo de programas de cooperación ao desenvolvemento que está a levar a cabo no Sur e as accións de activismo que realiza en Galicia.
No 2015 o cartel do Implícate! está formado por:
MÚSICA
> Mercedes Peón
> Uxía
> Abe Rábade
DANZA
> Nova Galega de Danza
LITERATURA
> Antón Reixa
> María Lado e Lucía Aldao
> Fran Alonso
> Marilar Aleixandre
TEATRO
> Celso Parada
> Isabel Risco
As entradas xa están dispoñibles na taquilla online de Abanca. Tamén se poden mercar na taquilla do Teatro Principal o propio día do evento.
0